O espectáculo “A maxia de Europa” promociona en Valdoviño as oportunidades que brinda a Unión Europea
O ilusionistas Pedro Bugarín protagoniza esta actividade, que chega o mércores á Casa da Cultura
Valdoviño, 21 de agosto do 2023.A Casa da Cultura de Valdoviño acolle este mércores, a partir das 21 horas, o espectáculo “A Maxia de Europa”, promovido por Europe Direct A Coruña, que busca promocionar entre o público en xeral os valores, símbolos e oportunidades da Unión Europea.
Esta actividade lúdica, que conta coa colaboración de municipios como o de Valdoviño, que integran a rede “Europa no teu Concello”, está liderada por Pedro Bugarín, un ilusionista con mais de 15 anos de experiencia, que ademais ten vivido múltiples experiencias de mobilidade en Europa.
A través de xogos, ilusións e humor, o mago realizará unha viaxe máxico e dinámica polos valores, símbolos, beneficios e algúns dos da UE. E así, o publico que se achegue á Casa da Cultura poderá desfrutar, por exemplo, con trucos realizados coas bandeiras europea e dos estados membros ou co euro, a moeda común.
Ademais, segundo apuntan dente Europe Direct A Coruña, centro de información oficial da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña, poderá “resolver dúbidas e curiosidades sobre a Unión Europea e coñecer as oportunidades que ofrece para estudar, traballar, viaxar ou emprender”.