O equipo redactor do Plan de Urbanismo dá conta aos grupos dos avances na redacción

A partir dagora, realizaranse reunións de forma periódica

A casa consistorial de Valdoviño foi escenario esta mañá da primeira xuntanza entre o equipo redactor do Plan de Urbanismo do municipio e os representantes dos grupos municipais. Unha reunión na que tamén tomou parte o arquitecto municipal e que supón o punto de partida dunha serie de xuntanzas periódicas para abordar diferentes aspectos do planeamento. 

Na celebrada esta mañá, os técnicos deron conta dos avances na elaboración do documento, centrándose na delimitación dos núcleos rurais. A redacción do plan, cun prazo de execución de 16 meses, arrancaba no último trimestre de 2020, e unha vez entregado ao Concello, este estará en situación de elevalo á Xunta de Galicia, con competencias para a súa aprobación definitiva