O DJ MeRe Clown trae ao campo da festa de San Bartolo a súa Peque Disco Moc Moc

A cita, que promove o Concello de Valdoviño, celebrarase xoves ás 21 h

Valdoviño, 2 de agosto do 2023. O campo da festa de San Bartolo converterase mañá xoves nunha auténtica disco móbil infantil da man do Concello de Valdoviño. A partir das 21 horas, convida a nenos e maiores ao espectáculo da Peque Disco Moc Moc, co DJ MeRe Clown, que traerá os seus xogos musicais, circo, malabares con lume e sobre todo moito humor misturado con iluminación disco, máquina de fume e pompas de xabón. O escenario perfecto para saltar, xogar, bailar, rir e desfrutar das máis coñecidas cancións infantís ata a música máis actual.

Unha proposta da programación do ciclo «Escenarios paralelos. De 0 a 100» que impulsa o Concello de Valdoviño neste verán.