Medidas no ámbito fiscal
O Concello de Valdoviño procedía neste campo a:
- Paralizar o cobro do recibo do imposto de vehículos de tracción mecánica (rodaxe).
- Establecer, dacordo con Viaqua, medidas excepcionais en relación ao servizo da auga. Entre elas, non cobrar o consumido dende o 13 de marzo aos negocios que pechasen a partir desa data, ampliar o periodo de pago voluntario ou suspender os cortes no subministro por impagos.
- Aprobar exencións no recibo do servizo de recollida do lixo para aquelas empresas e traballadores/as autónomos/as que se visen obrigados ao peche ou cese de actividade, ou mermada a súa actividade ou produción nun 70% a raíz do estado de alarma imposto polo COVID-19.
Medidas no ámbito económico e do emprego
O Concello de Valdoviño facía un especial esforzo por contribuír ao mantenemento do emprego a través de:
- Coa axuda dos monitores/as deportivos/as e culturais, mantiña a inmensa maioría das actividades que levaba a cabo tanto para nenos como para persoas adultas. Principalmente, as sesións desenvolvéronse a través das novas tecnoloxías -whatsapp, vídeos…-, e incluso para aqueles que non dispoñían de Internet se fixeron chegar táboas de exercicios ao domicilio en PDFs.
- Facilitaba aos establecementos con atención presencial os medios de protección precisos como hidroxel e mascarillas, como medida de protección. Unha iniciativa que se foi estendendo á totalidade dos negocios a medida que se foron producindo as aperturas.
- Levaba a cabo campañas diarias de desinfección nos entornos dos establecementos con atención presencial.
- Activaba campañas de promoción e información do sector comercial e hostaleiro en redes sociais de cara a dar visibilidade aos negocios locais.
- Poñía en marcha o PLAN MELLORA de formación e acceso ao emprego. Accións formativas con custe cero para as veciñas e veciños que se viron afectados laboralmente pola COVID-19.
Medidas no ámbito da prevención
O Concello poñía en marcha:
- Campañas especiais de desinfección periódica de vías municipais con especial concentración de vivendas e de inmediacións de establecementos con atención presencial e edificios municipais.
- Campañas especiais de desinfección en colectores.
- Liñas de atención telefónica específicas de axuda (695 096 198 e 628 711 080) para atender as consultas e necesidades das veciñas e veciños maiores, daquelas persoas que viven soas e daquelas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.
- O reforzo da atención telefónica e telemática á veciñanza nos servizos municipais e favorecía o do teletraballo por parte dos traballadores e traballadoras municipais.
- A entrega de equipos de protección ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar e servizos esenciais do Concello.
- O reparto de hidroxel e mascarillas aos establecementos de atención presencial.
- Unha vía de colaboración co departamento de tecnoloxía do CPI Atios para activar Makers Valdoviño, subministrando material para a confección de pantallas faciais e favorecendo o reparto das mesmas.
- Unha segunda vía de colaboración co tecido asociativo para a entrega de material destinado á confección de mascarillas e o seu reparto.
Protocolos de actuación fronte á COVID-19
- NAS PRAIAS DE VALDOVIÑO.
- NAS ACTIVIDADES CULTURAIS.
- NAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS.
- NOS PARQUES INFANTIS DE VALDOVIÑO.
Normativa actividades verán-outono-inverno 2020

Aviso Visitantes
Se viaxas a Galicia e procedes dun territorio de alta incidencia epidemiolóxica pola COVID-19, lembra a túa obriga de comunicar os teus datos de contacto ás autoridades sanitarias.
Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que está dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21.
Se precisas axuda ou tes algunha dúbida, estamos á túa disposición na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol ou no teléfono 981 19 52 74
+INFO https://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs
