O Concello saca de novo a contratación as obras e mellora en dez rúas e camiños en Lago, Meirás, Sequeiro e Valdoviño

Cun investimento de 236.513 euros, financiaranse co POS Complementario

Valdoviño, 10 de setembro do 2026. O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación as obras de mellora de dez rúas e camiños en Lago, Meirás, Sequeiro e Valdoviño con cargo ao POS Complementario. Suman un investimento conxunto de 236.513,97 euros, e as empresas interesadas na licitación poden consultar os pregos na plataforma de constratación do Estado, e presentar as súas ofertas ata o 23 de setembro. É a segunda vez que o Concello saca a contratación os traballos, despois de que o proceso quedase deserto no mes de maio.

Redoblando esforzos en materia de difusión da actuación, a Concellería de Infraestruturas Viarias confía en que o contrato saia adiante. En caso contrario, dilataríanse os prazos xa que habería que modificar os pregos, remitilos de novo a Deputación e contar co seu visto bo antes de volver a licitar a intervención.

As actuacións están proxectadas nos seguintes puntos:

-Rúa Couce Casas: actuarase en dous treitos, dende a rotonda sita na estrada provincial de baixada á praia da Frouxeira ata a igrexa do Carmen, e dende o cruce do Carballal ata o número 41.

-Rúa Pintor José Leyra Domínguez: dende o cruce do paseo da lagoa ata a rúa Praia Frouxeira.

-Rúa Imeldo Corral: nun treito pendente de intervención dende o cruce coa rúa Carrilanas ata a estrada da Deputación.

-Vial en Pazos: dende o cruce coa estrada de Aviño ata a estrada AC-566.

-Vial en Lago: dende o número 7 (á altura da AC116) ata o cruce con Viansil.

-Vial en A Bedoxa: dende o nº 31 ata o límite co municipio de Narón (ata camiño das Paxariñas).

-Vial no Seixidal: dous tramos, sendo o primeiro dende o cruce coa estrada de Deputación (km2) ata o límite co Val (Narón), e o segundo, dende a mesma estrada km 2,5 ata o límite co Val (Narón) á altura do nº 24.

-Vial en Catrillón: dous tramos o primeiro dende a ponte sobre o río San Vicente ata a estrada AC116, e o segundo, de Barral 15 ata a AC116.

-Vial en Montefaro: dende o local social ata o número 73.

-Vial en Lavacerido: dous tramos, dende o nº4 ata o acceso ás antigas minas de arsénico, e dende o nº145 ata o nº162.