O Concello saca a contratación a mellora do firme en rúas e camiños de Lago, Meirás, Sequeiro e Valdoviño por 236.513,97 euros

As empresas poden presentar oferta ata o 14 de maio

Valdoviño, 30 de abril do 2026. O Concello de Valdoviño investirá 236.513,97 euros no acondicionamento de dez rúas e camiños nas parroquias de Valdoviño, Lago, Sequeiro e Meirás con cargo ao POS Complementario. O concelleiro de Infraestruturas Viarias, Germán Gómez, informaba esta mañá de que as intervencións están en licitación, así como que as empresas poden presentar a súa oferta ata o 14 de maio, e consultar os pregos e documentación na plataforma de contratación do sector público.

Máis polo miúdo, o edil detallaba as actuacións, que se levarán a cabo nos seguintes puntos:

Rúa Couce Casas: actuarase en dous treitos, dende a rotonda sita na estrada provincial de baixada á praia da Frouxeira ata a igrexa do Carmen, e dende o cruce do Carballal ata o número 41.

-Rúa Pintor José Leyra Domínguez: dende o cruce do paseo da lagoa ata a rúa Praia Frouxeira.

Rúa Imeldo Corral: nun treito pendente de intervención dende o cruce coa rúa Carrilanas ata a estrada da Deputación.

Vial en Pazos: dende o cruce coa estrada de Aviño ata a estrada AC-566.

Vial en Lago: dende o número 7 (á altura da AC116) ata o cruce con Viansil.

Vial en A Bedoxa: dende o nº 31 ata o límite co municipio de Narón (ata camiño das Paxariñas).

Vial no Seixidal: dous tramos, sendo o primeiro dende o cruce coa estrada de Deputación (km 2) ata o límite co Val (Narón), e o segundo, dende a mesma estrada km 2,5 ata o límite co Val (Narón) á altura do nº 24.

Vial en Catrillón: dous tramos o primeiro dende a ponte sobre o río San Vicente ata a estrada AC116, e o segundo, de Barral 15 ata a AC116.

Vial en Montefaro: dende o local social ata o número 73.

Vial en Lavacerido: dous tramos, dende o nº 4 ata o acceso ás antigas minas de arsénico, e dende o nº 145 ata o nº162.