O Concello saca a contratación a mellora de dous camiños en Loira e en Sequeiro

As intervencións financiaranse con cargo ao Plan Camiña Rural

Valdoviño, 3 de setembro do 2026. O Concello de Valdoviño vén de sacar a licitación dúas actuacións de acondicionamento de camiños nas parroquias de Loira e Sequeiro. As intervencións levaranse a cabo con cargo ao Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -Agader-, dirixido á mellora de viais en zonas agrícolas que dan servizo a explotacións agrarias ou gandeiras. En concreto, os traballos proxéctanse no camiño da Bedoxa, en Sequeiro, e no de Donelle, en Loira, cun orzamento conxunto superior aos 83.000 euros.

O proceso de contratación está en marcha, e as empresas poden presentar as súas ofertas ata o 10 de setembro. Os pregos están á súa disposición na plataforma de contratación do sector público.