O Concello reeditará Concilia Deportes Semana Santa do 14 ao 16 de abril

O campamento para nenas e nenos de 4 a 12 anos -incluídos- celebrarase no pavillón municipal O Longoiro, e a Concellería de Deportes abrirá o prazo de inscrición do 31 de marzo ao 10 de abril

Valdoviño, 24 de marzo do 2025. O Concello de Valdoviño abrirá o vindeiro 31 de marzo o prazo de inscrición no campamento Concilia Deportes Semana Santa. Celebraranse no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, os días 14, 15 e 16 de abril, xornadas non lectivas pero laborais da Semana Santa, en horario de 8:00 a 14:00 horas. Deste xeito, o Concello quere contribuír á necesaria conciliación das obrigas laborais e o coidado dos fillos e fillas menores por parte das familias.

O campamento está dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos -incluídos-, e a programación inclúe unha morea de actividades de lecer didáctico e propostas deportivas diferentes cada día. Entre outras, xogos de raqueta, baloncesto, mini golf, fútbol, hockey ou obradoiros de chapas. Tamén, xogos tradicionais, globoflexia ou talleres centrados na temática da Semana Santa, entre outros.

A ficha de inscrición pode descargarse da web municipal ou retirarse no rexistro xeral da casa do concello, onde debe formalizarse a inscrición -ou a través da sede electrónica-. O prazo remata o 10 de abril, e o custe da actividade é de 22,12 euros.

FICHA INSCRICIÓN