O Concello recurrirá a denegación da subvención por parte da Xunta para financiar as obras do saneamento nas Boeiras

A negativa baséase en que non está nunha bolsa de solo urbanizable industrial, pero ignora a súa inclusión no Plan Sectorial de Áreas Industriais pola que si reuniría as condicións para optar á axuda
Valdoviño, 15 de maio do 2023. O Concello de Valdoviño presentará recurso contra a decisión da Consellería de Economía de denegar a subvención para financiar a primeira fase das obras de saneamento na Carreira, solicitude presentada pola Administración local á liña de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia. Unha solicitude que contemplaba un investimento cercano aos 170.000 euros, e que permitirían materializar o primeiro paso para activar o polígono das Boeiras, ademais de facilitar este servizo básico á veciñanza da parroquia de Sequeiro.
O Concello discrepa do argumento da Xunta para arquivar a solicitude, acreditar que a actuación teña lugar «nunha bolsa de solo urbanizable industrial». Fronte a isto, a Administración local sinala que a citada liña de axudas contempla tanto este suposto como aqueles parques en desenvolvemento, situación na que se atopa As Boeiras, unha área de chan incorporado ao Plan Sectorial de Áreas Industriais de Galicia. Será precisamente esa a base do recurso que presentará o Concello de Valdoviño ante Industria.