O Concello recupera a atención presencial sen cita previa na maioría dos servizos
Catastro e servizos técnicos, como ocorría antes da pandemia, e Servizos Sociais continúan requerindo de cita previa
Valdoviño, 26 de outubro de 2021. O Concello de Valdoviño recupera pouco a pouco a atención presencial sen cita previa. Así, a partir de hoxe, a veciñanza pode acudir á casa consistorial para realizar os seus trámites na maior parte dos departamentos municipais sen necesidade de concertar a visita con anterioridade.
En todo caso, e como ocorría antes da pandemia, tanto o Punto de Información Catastral como os Servizos Técnicos (arquitecto, aparellador…) continúan atendendo con cita previa, e tamén ata novo aviso, o departamento municipal de Servizos Sociais. Neste caso, pódese solicitar chamando ao 981 48 70 41.
Comentarios