O Concello recibirá unha subvención de 41.500 euros para contribuír a sufragar os gastos polos danos causados polos temporais
O Ministerio de Política Territorial notificou a aprobación das axudas
O Concello de Valdoviño recibirá do Goberno central unha subvención de 41.508,37 euros para financiar en parte os gastos derivados das actuacións de reparación dos danos provocados polos temporais de 2019. O alcalde, Alberto González, explicaba que o Ministerio de Política Territorial aprobaba estes días a orde coa que dá visto bo ás peticións de axudas tramitadas pola Administración local. A partida permitirá cubrir practicamente o 50% dos custes das intervencións, que superaron os 95.000 euros.
As actuacións executadas centráronse en inmobles e equipamentos municipais tal que a casa consistorial e a casa da cultura, a edificación que acolle os aseos na praia de Outeiro e tamén os desperfectos nos aseos sitos nas inmediacións da praia pequena.