O Concello recibe o visto bo da Xunta á construción da escola infantil de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, informa da concesión dunha achega cercana aos 130.000 euros para custear a intervención proxectada polo Concello

Valdoviño, 29 de decembro do 2022. O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informaba esta mañá de que a Xunta vén de contestar positivamente á petición formulada hai uns meses polo Concello para a construción dunha escola infantil no municipio que dé resposta ás necesidades de conciliación das familias con fillos e fillas de cero a tres anos, e permita ao mesmo tempo favorecer a elección de Valdoviño como residencia habitual para novos veciños e veciñas. Segundo explicou o rexidor, a Xunta vén de trasladarlle unha resolución pola que se aproba unha axuda cercana aos 130.000 euros para o proxecto presentado polo Concello. Uns fondos que proceden do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado financiado pola Unión Europea.

Trátase dunha cuantía que agora o Concello deberá completar ata cubrir o 100% da financiación necesaria. Para isto, o alcalde avanzou que está negociando a colaboración doutras administracións para tentar que o custe sexa mínimo para as arcas municipais. 

A futura escola infantil, con 41 plazas proxectadas, emplazarase na rúa Ensino, nuns terreos de titularidade municipal contiguos ao CPI Atios. Aínda que se tratará dun inmoble independente, a súa cercanía a este favorecerá as sinerxias e permitirá concentrar neste espazo os recursos educativos do municipio. De feito, hai apenas unhas semanas, o Concello trasladaba á Consellería de Educación unha comunicación na que lle daba conta do futuro uso da parcela e reiteraba a petición de implantar os estudos de Bacharelato no CPI, permitindo así ao alumnado de Valdoviño completar todas as etapas formativas previas á Universidade sen necesidade de saír da localidade.