O Concello recepciona 20 solicitudes de praza na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia para o vindeiro curso

Delas, 13 correspóndense con novos ingresos
Valdoviño, 23 de maio do 2023. Pechado o prazo de preinscrición para o vindeiro curso 2023-24, o Concello de Valdoviño recepcionou un total de 20 solicitudes de praza na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Delas, 13 corresponderíanse a novos ingresos, namentras que as 7 restantes son renovacións de usuarios e usuarias actuais. A partir de agora, os servizos sociais municipais revisarán e baremarán a documentación presentada, de modo que nas próximas semanas se publiquen as listaxes de nenos e nenas admitidos/as.
A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia é un servizo de conciliación da vida familiar e laboral para aquelas familias con nenos e nenas de entre 4 meses a 3 anos, e sitúase na privilexiada contorna da Frouxeira. Dende este curso, é gratuíta.