O Concello publica no Boletín Oficial da Provincia as bases e convocatoria para cubrir unha praza de monitor/a sociocultural

O prazo de solicitudes para participar no proceso selectivo iniciarase unha vez a convocatoria se publique no Boletín Oficial do Estado

Valdoviño, 21 de febreiro de 2022. O Concello de Valdoviño publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria e as bases para a cobertura mediante concurso-oposición dunha praza de monitor/a sociocultural con persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público (OEP) do ano 2018. As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse no prazo de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 

As bases da convocatoria, no BOP: https://bit.ly/3s4wVI5