O Concello publica no Boletín Oficial da Provincia as bases e convocatoria para cubrir unha praza de educador/a familiar

O prazo de solicitudes para participar no proceso selectivo iniciarase unha vez a convocatoria se publique no Boletín Oficial do Estado

Valdoviño, 18 de xaneiro do 2023. O Concello de Valdoviño publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria e as bases para a cobertura mediante concurso-oposición dunha praza de educador/a familiar con persoal laboral, incluída na oferta de emprego público (OEP) do ano 2021. As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse no prazo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

As bases da convocatoria, no BOP: https://acortar.link/3sdduu