O Concello propón catro rutas para Explorar Valdoviño esta fin de semana

Celebrará 10 itinerarios entre este venres e o domingo, de balde e con inscrición previa no teléfono 633 50 74 99 ou dun formulario online

Valdoviño, 7 de novembro do 2025. O Concello desenvolverá esta fin de semana o programa de rutas “Explora Valdoviño”. Neste proxecto inclúense actividades na natureza para a posta en valor das características diferenciais do territorio litoral, da súa historia e cultura e da actividade que se desenvolve nel. Para isto prográmanse 4 rutas tematizadas pola costa coas que dar visibilidade e poñer en valor os recursos tanxibles e intanxibles vinculados ao mar.  Celebraranse hoxe pola tarde, o sábado 8 e o domingo 9 de novembro. Son de balde, con inscrición previa no teléfono 633 50 74 99 ou a través do formulario  https://forms.gle/1nkeLWvx135hqbEN6

Este é o calendario:

-Ruta polo patrimonio do mar, con punto de partida na praia da Mourillá (Meirás)

  • Venres 7 de novembro ás 16:30 h
  • Sábado 8 de novembro ás 16:30 h
  • Domingo 9 de novembro ás 10:30 h

-Ruta de Concienciación da Contaminación, con saída do aparcadoiro de Ferrerías (Vilarrube)

  • Venres 7 de novembro ás 16:30 h
  • Sábado 8 de novembro ás 16:30 h
  • Domingo 9 de novembro ás 16:30 h

-Ruta de Actividade Mariñeira, con saída do miradoiro de San Xiao (Pantín)

  • Sábado 8 de novembro ás 10:30 h
  • Domingo 9 de novembro ás 16:30 h

-Ruta para coñecer a biodiversidade do litoral, con saída do Miradoiro do Paraño (Valdoviño)

  • Sábado 8 de novembro ás 10:30 h
  • Domingo 9 de novembro ás 10:30 h

A iniciativa ten como obxectivo promocionar o patrimonio de Valdoviño dende distintos ámbitos e por en valor o modo de vida mariñeiro, creando produtos turísticos sostibles que axuden a desestacionalizar a actividade turística, crear relacións positivas co entorno e repercutir positivamente no desenvolvemento local.

«Explora Valdoviño» é un proxecto impulsado polo Concello de Valdoviño para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través do GALP A Mariña – Ortegal.