O Concello pon en marcha a Escola de Familias coa colaboración da asociación ASFEDRO

Aberto o prazo para sumarse ao proxecto, co que se busca mellorar as habilidades educativas, de xestión e comunicación familiar

O Concello de Valdoviño, en colaboración con ASFEDRO, pon en marcha unha Escola de familias co fin de mellorar as habilidades educativas, de xestión e de comunicación familiar, así como reforzar as competencias relacionadas coa educación dos seus fillos e fillas.

O programa levarase a cabo no Centro Sociocomunitario os días 22 e 29 de abril, e 6, 13 e 20 de maio, en horario de 16,30 a 18 horas. Para participar, é preciso inscribirse no departamento municipal de Servizos Sociais, no 981 48 70 41 extensión 5 (antes do día 20 deste mes).

A través deste proxecto, crearase xunto ás familias un espazo de reflexión e de intercambio de experiencias no que se abordarán os seguintes temas: a comunicación familiar e os estilos educativos; normas e límites; prevención de condutas aditivas (adicións con substancias e adicións comportamentais), e riscos das novas tecnoloxías da información e da comunicación.