O Concello pon as cadeiras anfibias a disposición das persoas con mobilidade reducida e en cadeiras de rodas para desfrutar do baño na Frouxeira
Deben solicitarse na caseta de socorrismo, de 12:00 a 20:00 horas
Valdoviño, 7 de xullo do 2026. A partir desta semana, o Concello de Valdoviño pon a disposición das persoas con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas 2 cadeiras autopropulsadas para desfrutar do baño nas augas da Frouxeira. O servizo, que o Concello de Valdoviño activaba no seu día co asesoramento da asociación Aprende a Voar para mellorar a accesibilidade do areal, é gratuíto para os usuarios e usuarias, que poden solicitalo na caseta de socorrismo do areal, de luns a domingo de 12:00 a 20:00 horas.
Este recurso non só está activo durante o verán na praia da Frouxeira, senón todo o ano, xa que está a disposición de, entre outros, as escolas de surf ou os centros educativos, en caso de requerilo.
Comentarios
