O Concello organiza unha reunión informativa sobre o proxecto do Parque Eólico Badulaque

Celebrarase o mércores 4 de agosto ás 17 h en Vilaboa

O Concello de Valdoviño organizará unha xuntanza informativa sobre o proxecto do Parque Eólico Badulaque. Terá lugar o vindeiro mércores 4 de agosto ás 17 horas nas dependencias da cooperativa de Vilaboa. Na mesma, tomarán a palabra técnicos de Ventonoso, que abordarán o proxecto e solventarán as dúbidas do público asistente. 

No día de onte, o Boletín Oficial da Provincia publicaba o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública, de forma conxunta, o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa.