O Concello organiza un obradoiro de cabezudos nos campamentos Concilia Tempos Verán

Consta de 4 sesións, guiadas pola Asociación Morreu o Demo

Valdoviño, 17 de xullo do 2026. O Concello de Valdoviño suma unha nova actividade de lecer didáctico aos campamentos Concilia Tempos Verán que promove neste mes de xullo e no de agosto no local social de Pantín. Desta volta, activaba un obradoiro de cabezudos, que guiará durante todos os luns de mes a Asociación Morreu o Demo, colectivo adicado a recuperar o títere tradicional galego e a súa figura máis ilustre, Barriga Verde. O seu nome procede da histórica frase coa que os titiriteiros remataban a función: “Morreu o demo, acabouse a peseta”.

 A entidade, coa que o Concello colabora todos os anos, profundizará na tradición dos cabezudos, con gran arraigo en Galicia, e estreita vinculación histórica, técnica e conceptual co títere no marco do teatro popular, a animación de rúa e a cultura festiva.

A actividade conta co apoio económico da Deputación, Xunta e Ministerio de Cultura.