O Concello organiza obradoiros gratuitos de percusión corporal neste mes de xuño

A inscrición está aberta chamando ao teléfono da Concellería de Cultura
Valdoviño, 6 de xuño do 2023. O Concello de Valdoviño convida a nenos e maiores a participar nos obradoiros de percusión corporal que organizará ao longo do mes de xuño. Talleres gratuítos dunha hora de duración, os mércores, para iniciarse nesta técnica. Iso si, é preciso inscribirse previamente chamando ao departamento municipal de Cultura, ao 981 48 76 66, en horario de 10 a 14 h os días 6, 7, 8, 9 ou 12 de xuño -ou ata completar as 30 prazas ofertadas, 10 por sesión-. Cada persoa poderá anotarse nun único taller.
A actividade levarase a cabo no local da Escola Municipal de Música sita en Sequeiro, nesas xornadas, de 17:00 a 18:00 horas.