O Concello leva este venres ás aulas do CPI Atios o taller “Fóra de xogo” para combater os micromachismos no ámbito do deporte

A actividade, co apoio do centro educativo, inclúese na programación “Somos e Contamos” deseñada para conmemorar o 8M

Valdoviño, 3 de marzo do 2026. O Concello de Valdoviño convida ao alumnado de 4º curso da ESO do CPI Atios a participar este venres no obradoiro “Fóra de xogo”, de identificación dos micromachismos no deporte. A actividade forma parte da programación “Somos e Contamos” deseñada conxuntamente polas concellerías de Servizos Sociais e de Cultura para conmemorar o Día Internacional da Muller, e conta coa colaboración do centro educativo.

O taller busca contribuír á prevención da violencia de xénero simbólica no ámbito do deporte a través da sensibilización. Para isto, ofreceranse coñecementos sobre o concepto de micromachismo de modo que os rapaces e rapazas sexan quen de identificalos, e comprendan a relación entre estes e a violencia de xénero. Así mesmo, traballaranse nas aulas as habilidades para aplicar a perspectiva de xénero no ámbito do deporte.