O Concello leva ás aulas do CPI Atios o taller “Somos un pobo de artistas” para espertar o interese dos mozos pola escea musical en galego

A iniciativa enmárcase na conmemoración do Día do Orgullo Neofalante

 Valdoviño, 27 de setembro do 2023. Coa vista posta na conmemoración do Día do Orgullo Neofalante o próximo domingo 1 de outubro, o Concello de Valdoviño convidaba esta mañá ao alumnado de 4º curso da ESO do CPI Atios a participar no obradoiro «Somos un pobo de artistas». Guiado pola cooperativa ferrolá Rexenerando, buscou profundizar na música como recurso para promover competencias e actitudes en positivo cara a lingua galega. O obradoiro bautizouse coa frase que fixo célebre Xurxo Souto no seu xa mítico programa musical na Radio Galega «Aberto por reformas», e nel, mozos e mozas pudieron coñecer algúns dos principais referentes da riqueza e diversidade da música galega contemporánea. Espertar a curiosidade e o aprecio pola escena musical en galego era, en definitiva, o seu obxectivo. 

Esta primeira sesión, organizada polo Concello coa colaboración do CPI Atios, completarase nas vindeiras xornadas coa elaboración dun pódcast por parte do alumnado, onde se recolla e difunda a experiencia e as aprendizaxes adquiridas na mañá de hoxe. 

A actividade conta co financiamento da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e no marco da liña de subvencións a entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.