O Concello inviste 120.000 euros no servizo de socorrismo das praias

As praias de Valdoviño contan dende esta semana co servizo de socorrismo. Un servizo no que o Concello fai un especial esforzo inversor, destinando unha partida que alcanza os 120.000 euros. Son 22 os/as profesionais que velarán pola seguridade nos principais areais do municipio en canto a afluencia de bañistas: A Frouxeira, Pantín, O Río, Baleo e Vilarrube. Permanecerán a pé de praia de 12,30 a 19,30 horas e haberá dúas persoas encargadas de organizar o servizo.

Son 22 os/as profesionais que velarán pola seguridade nos principais areais do municipio en canto a afluencia de bañistas: A Frouxeira, Pantín, O Río, Baleo e Vilarrube

Así mesmo, e en paralelo, efectivos da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil veñen de incorporarse a un dispositivo especial de información e control das distancias de seguridade e normas de uso das praias fronte ao COVID-19. Así, dende onte e nas vindeiras semanas, encargaranse de velar polo seu cumprimento ofrecendo cumprida información aos usuarios e usuarias sobre as normas establecidas.

Agradecemento a Cruz Vermella

Doutra banda, o alcalde, Alberto González, quixo agradecer publicamente en nome do Concello a cesión realizada pola delegación da Cruz Vermella en Ferrol dos carreteles de rescate que, este ano, se incorporan ás praias de Valdoviño. Uns recursos moi valiosos cos que conta a entidade e que permitirán mellorar a resposta por parte dos socorristas en caso de rescate.