O Concello investirá máis de 51.000 euros no acondicionamento dos locais municipais de Montefaro e Vilaboa
As intervencións saíron a contratación e as empresas interesadas poden presentar a súa oferta ata o vindeiro 4 de novembro, incluido
No marco do plan de mellora de inmobles municipais, o alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello levará a cabo obras de mellora e acondicionamento nos locais de Montefaro e Vilaboa. Intervencións nas que se investirán 51.909,44 euros e que acaban de saír a contratación. Así, as empresas interesadas nos traballos poden presentar a súa oferta ata o vindeiro 4 de novembro (incluído) e consultar os pregos na plataforma de contratación do sector público ou na web municipal.
No caso do local municipal de usos múltiples de Montefaro, unha construción de 1968 hoxe destinada a actividades culturais e de tempo libre, buscarase mellorar a súa funcionalidade e tamén mellorar o seu illamento térmico. Para iso, a intervención contempla a substitución das ventás por outras de aluminio con rotura de ponte térmica, doble vidro e apertura oscilobatente. Tamén se aplicarán tratamentos específicos e pintarase a fachada para combatir as grietas, fisuras e humidades que presenta na actualidade, e instalaranse canalóns e baixantes de PVC na cuberta dos que hoxe en día carece.
Ademais, a fin de mellorar a accesibilidade ao inmoble, o Concello construirá unha beirarrúa perimetral de formigón no lateral e fronte da edificación; asfaltará o camiño de acceso posterior e habilitará dúas prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional. Os traballos completaranse coa construción dun pequeno muro de contención no lateral do inmoble e a instalación dunha barandilla e, finalmente, dotarase a zona de elementos para facer ximnasia no exterior.
LOCAL SOCIAL VILABOA
No caso do local social de Vilaboa, dos anos 60, está adicado na actualidade a actividades culturais e deportivas. No 2013 realizábanse obras de mellora na envolvente térmica na planta baixa, quedando pendente de intervención a planta superior. Neste espazo o Concello substituirá agora as carpinterías por outras de similar xeometría de aluminio lacado con rotura de ponte térmico e doble vidro.
.