O Concello investirá algo máis de 262.000 euros no acondicionamento de 20 pistas e camiños nas diferentes parroquias

Por unanimidade, a corporación deu luz verde ós investimentos do POS+2022, que tamén inclúen o subministro da cartelería de sinalización viaria do concello

Valdoviño, 9 de febreiro de 2022. O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da aprobación en pleno, por unanimidade de todos os grupos, dos investimentos con cargo ao POS+2022 da Deputación. O grosso dos fondos, algo máis de 262.500 euros, destinarase ao acondicionamento de 20 pistas e camiños repartidas polas diferentes parroquias. Así mesmo, preto de 43.000 euros reservaranse para o subministro da cartelería de sinalización viaria de todo o termo municipal, unha vez realizada a actualización dos nomes e a entrada en vigor da que é a primeira numeración oficial de Valdoviño. Substituirase así á colocada provisionalmente, consistente en pequenas placas e carteis adhesivos. Por último, a partida completarase con 14.710,19 euros, que irán destinados a amortización de débeda.

Xunto a estes investimentos, a corporación municipal daba luz verde tamén ao POS Complementario. Neste caso, contémplase a primeira fase da intervención para estender a rede de saneamento na Carreira, cun orzamento de 210.610,53 euros, e a mellora das redes de servizo na AC116 ao seu paso por Meirás, P.K. 8+800+9+700, por 249.449,96 euros.

Ao detalle, os camiños e pistas previstos no POS+2022 son os seguintes:

-Na parroquia de Lago: Preitela, Viansil, O Muíño

-Na parroquia de Meirás: Taraza

-Na parroquia de Pantín: Xavariz, O Cadaval, A Moreira

-Na parroquia de Sequeiro: Os Monetes, A Bedoxa, Tuimil

-Na parroquia de Vilarrube:  Vilela, Vilarrube, Vilarrube-Cruce Capela de Liñeiro, Ermita de Liñeiro

-Na parroquia de Vilaboa: A Vispeira

-Na parroquia de Loira: O Latoal, Lousada

-Na parroquia de Valdoviño: os dous tramos da rúa Pintor Imeldo Corral, Aviño, O Boeiro