O Concello introduce cambios na ordenanza de tráfico para mellorar a circulación e facilitar os itinerarios do servizo de recollida de residuos
As medidas, aprobadas en pleno, publicáronse onte no Boletín Oficial da Provincia entrando na fase de exposición pública
Valdoviño, 24 de febreiro do 2023. O Concello de Valdoviño aprobou en pleno unha modificación da ordenanza de tráfico e circulación de vehículos a motor e seguridade vial coa que busca mellorar a mobilidade nalgunhas das rúas e camiños, e tamén facilitar a circulación dos novos vehículos de recollida de residuos sólidos urbanos co sistema de carga lateral, así como a instalación dos novos colectores, de maiores dimensións que os anteriores e, por tanto, maior capacidade.
Deste xeito, as modificacións previstas establecerán o sentido de circulación único en 11 viais da rede municipal, e traerán consigo cambios no estacionamento noutros 13. As medidas publicáronse onte no Boletín Oficial da Provincia, abríndose un plazo de exposición pública de 30 días hábiles para a presentación de alegacións como paso previo á entrada en vigor.