O Concello instala unha carpa no centro de saúde para a realización de test de antíxenos

A petición dos sanitarios, trátase dun espazo para a realización nun entorno seguro de probas vencelladas á covid-19

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de instalar unha carpa á entrada do centro de saúde para a realización de test de antíxenos. Dáse así resposta á petición realizada polo equipo médico das instalacións sanitarias para favorecer a realización, nun entorno seguro, deste tipo de probas. Non será preciso acceder ao mesmo centro de saúde, ao tempo que se axuda a evitar aglomeracións á porta das instalacións. 

Así mesmo, dende o Concello agradécese a celeridade da empresa local Multiocio ET, encargada da instalación, xa que tras recibir onte a petición do centro médico, procedeu nun tempo récord a habilitar a infraestrutura.