O Concello inicia os traballos de mellora do firme de 18 viais e camiños de Valdoviño, Lago, Meirás, Sequeiro e Vilarrube

A Administración local investirá máis de 188.000 no conxunto das obras

Valdoviño, 6 de xuño do 2025. T O Concello de Valdoviño iniciaba esta semana na Ladeira as obras de acondicionamento de camiños e pistas municipais correspondentes ao POS+2024. No seu conxunto, investirá algo máis de 188.000 euros na mellora do firme de 18 viais nas parroquias de Lago, Meirás, Sequeiro, Valdoviño e Vilarrube. A empresa Construcciones J. Mauri e Hijos SL resultaba adxudicataria do concurso público aberto pola Administración local, e ao longo das próximas semanas irá executando os traballos.

O calendario de obra comezaba estes días na Avenida Couce Casas, entre O Pereiro e a Ladeira ata o cruce coa AC566, e unha vez rematen neste punto, continuarán na calle Atios.

A maiores, e segundo indicaba o concelleiro de Infraestruturas Viarias, Germán Gómez, actuarase ao longo de máis de 8.000 metros lineais de vías e camiños en diferentes tramos das parroquias de:

-Valdoviño: Travesía da Ponte, Rúa Poeta Xerardo O Inglés, Tramo pendente Rúa Boeiro (ata a Travesía da Praia), Rúa Xunqueira (dende a AC566 ata a Rúa Boeiro), Tramo inicial Rúa Pintor José Leyra Domínguez, Rúa Illa Lapela, Travesía do Poulo e Travesía da Carreira

-Lago: camiños de Broño, Carreira e Soutovello

-Meirás: Taraza, Padín e Campón

-Sequeiro: vial da igrexa dende o establecemento Mamá Piana ata o templo

-Vilarrube: vial na zona de Porto de Arriba en Porto do Cabo