O Concello inicia a substitución por LEDs DE 135 luminarias en dous tramos da AC566 e no núcleo da Carreira

Investirá máis de 34.000 euros e prevese unha reducción estimada dos consumos que oscila, segundo a zona, entre o 55 e o 67%

O Concello de Valdoviño vén de iniciar as obras de renovación do alumeado público en dous tramos da estrada AC-566: das inmediacións da casa consistorial á rotonda de Robles e dende o Cabezal ata o cruce da Carreira, así como en todo este núcleo de poboación sito na parroquia de Sequeiro. O alcalde, Alberto González, explicou que o Concello investirá máis de 34.000 euros nesta intervención, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.

A través da mesma, o edil de Obras, Alejandro García, explica que se renovarán un total de 135 antigas lámpadas de vapor de socio por novas luminarias con tecnoloxía LED cun triple obxectivo: mellorar a calidade e eficiencia lumínica do alumeado, reducir o consumo eléctrico e a factura e adoptar políticas respectuosas co medio. Así, con esta actuación prevese unha redución estimada nos consumos entre o 55 e o 67% segundo a zona.  

ACTUACIÓNS PREVIAS

O Concello de Valdoviño avanza deste xeito na estensión da tecnoloxía LED a todo o territorio, sumando novas actuacións a unha lista que contempla, nos últimos anos, as seguintes: a renovación de LEDs na AC-566 entre a rotonda de Robles e Sequeiro; na AC 116 (entre a rotonda de Robles o límite con Narón), nos núcleos de Viansil, de Lavacerido, de Taraza, na contorna da praia e lagoa da Frouxeira, na Travesía de Atios, na Porta do Sol, nos entornos do CPI Atios, Centro de Saúde e Casa da Cultura, en puntos das parroquias de Loira, Pantín e Vilarrube, no Carballal e na Avenida Areeiros e máis na contorna das vivendas de Mourente, así como no aparcadoiro do campo municipal de fútbol.