O Concello inicia a revisión do padrón do servizo de recollida de residuos sólidos en paralelo á redacción do novo contrato

Está a notificar a aqueles propietarios de inmobles que non figuren no padrón a súa inclusión e posibilidade de presentar alegacións

No marco da redacción do novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos actualmente en marcha, o Concello de Valdoviño está a realizar a correspondente revisión do padrón de abonados. Así, nas últimas semanas iniciou o envío das comunicacións a aqueles propietarios de propiedades inmobiliarias que non figuran no mesmo de cara á súa inclusión.

 

Aquelas persoas que reciban a citada comunicación serán dadas de alta no padrón do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. En caso de non estar conforme coa medida, teñen un prazo de 15 días desde que reciben a notificación para presentar alegacións ou realizar unha corrección de erros.