O Concello inicia a renovación do patio de butacas do auditorio e mellora a súa funcionalidade cun novo equipo de son
Completa as melloras no equipamento cultural, que suman preto de 20.000 euros a financiar con fondos propios, coa adquisición dunha pantalla LED con soporte para as presentacións
Valdoviño, 11 de setembro do 2026. O Concello de Valdoviño iniciaba estes días os traballos de renovación do patio de butacas do auditorio da casa da cultura. Tras 40 anos en uso, a Concellería de Cultura decidía decidía acometar unha renovación máis que necesaria das butacas. En todo caso, a calidade deste mobiliario levou a optar polo retapizado, que realiza unha empresa da comarca. Dado o traballo artesanal, a intervención vaise facendo por fases, retirando bancada a bancada para non interferir na programación cultural que arrinca xa co inicio do curso.
Así mesmo, o Concello procedía tamén á renovación do equipo de son e altofalantes do centro. Un equipamento obsoleto que dificultaba o desenvolvemento da actividade cultural no auditorio.
As actuacións de mellora completábanse coa adquisición dunha pantalla LED con soporte para dar apoio a presentacións e iniciativas culturais.
No seu conxunto, o Concello investiu preto de 19.300 euros, que financia con fondos propios.
MELLORAS CONTINUAS
Cada ano, a Administración local sitúa a mellora das infraestruturas culturais como unha prioridade, proxectando novas intervencións máis aló do mantemento. A última levábase a cabo neste mesmo espazo, e contemplou o acondicionamento do escenario -case que impracticable polo estado da madeira- e a instalación dun elevador para facilitar o acceso a persoas con diversidade funcional, eliminando así as barreiras arquitectónicas. Nesta actuación investiuse 40.000 euros.
