O Concello incorpora unha auxiliar de Biblioteca co apoio económico da Deputación

A Administración local reforza o persoal do departamento de Cultura ata finais de ano con esta contratación financiada pola institución provincial

Valdoviño, 26 de setembro do 2025. O Concello de Valdoviño vén de reforzar o persoal da Biblioteca Municipal coa incorporación dunha auxiliar. O alcalde, Alberto González, e a concelleira de Cultura, Rosana García, xunto á bibliotecaria, Rita Díaz, daban a benvida a Carmen Iglesias, despois de que superase o concurso-oposición aberto polo Concello para cubrir o posto. O contrato, por catro meses, financiarase con cargo a unha subvención concedida pola Deputación da Coruña no marco do programa PEL Concellos.

Así, e baixo a dirección da bibliotecaria, encargarase entre outras funcións, de velar polo cumprimento das normas de uso da biblioteca; xestionar e manter o fondo bibliográfico e documental; ordenar e conservar a colección; da atención, orientación e resolución dos servizos de información bibliográfica; xestión dos servizos de acceso aos documentos, consulta e sala de préstamo; vixianza e control das salas de estudo, ou colaborar na relación de recontos e expurgos, ademais de tarefas relacionadas co departamento de Cultura.