O Concello incorpora un servizo de asesoramento xurídico para persoas en situación de vulnerabilidade derivadas polos Servizos Sociais

Así mesmo, presta apoio profesional ó departamento municipal de Servizos Sociais nos seus proxectos de intervención

Valdoviño, 6 de outubro do 2022. O Concello de Valdoviño vén de implantar un servizo de asesoramento xurídico no marco dos Servizos Sociais Comunitarios, co que ofrecer asesoramento a persoas en situación de vulnerabilidade e prestar apoio profesional no departamento para os seus proxectos de intervención. 

Este servizo atende a persoas derivadas polo equipo técnico de Servizos Sociais, co obxectivo de dar orientación e apoiar na solución de situacións a nivel persoal, familiar, social ou laboral, informando sobre os recursos dispoñibles na comarca e derivando a outros organismos cando é preciso.

Igualmente préstase asesoramento xurídico en relación á consecución da igualdade efectiva entre mulles e homes e especialmente vinculada á loita para a eliminación da violencia de xénero.