O Concello incorpora o servizo de normalización lingüística ao seu día a día

É posible grazas a un programa da Mancomunidade e estará compartido cos municipios de Ares, Cabanas, Mugardos e Neda

O Concello de Valdoviño incorpora ao seu día a día o servizo de normalización lingüística grazas ao apoio da Mancomunidade de Concellos. Trátase dun servizo compartido cos municipios de Ares, Cabanas, Mugardos e Neda que, no caso de Valdoviño, contará con atención presencial os venres de 8 a 14 horas. 

Así, entre as súas funcións está a de asesorar á administración en todo o relacionado coa política lingüística; planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega; resolver dúbidas lingüísticas dos concellos, e elaborar e recomendar materiais específicos atendendo ás necesidades dos departamentos municipais. 

A técnica Iolanda Gomis, encargada do servizo, incorporábase ao Concello a semana pasada, onde mantiña unha primeira xuntanza co alcalde, Alberto González, e comezaba a planificación de toda unha serie de accións que iremos desvelando nos próximos días.