O Concello incorpora dous axentes de Policía Local á plantilla municipal
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, presidiu esta mañá a súa toma de posesión como funcionarios de carreira
O alcalde, Alberto González, presidiu esta mañá a toma de posesión como funcionarios de carreira dos dous novos axentes da Policía Local. A súa incorporación á plantilla municipal permite cubrir as 6 prazas coas que conta o Concello e dá por pechado un longo proceso iniciado hai un ano coa convocatoria das prazas por oposición libre a través da Oferta Pública de Emprego (OPE).
O proceso selectivo contemplou a etapa formativa dos axentes na Academia Galega de Seguridade Pública, tal e como marca a normativa. Formación que se viu interrompida no seu momento pola incorporación dos axentes, naquel entón como auxiliares, á plantilla municipal en marzo de 2020 para colaborar co seu servizo nas labores necesarias derivadas do estado de alarma.
Comentarios