O Concello incorpora clases de ximnasia en Vilarrube á programación deportiva
Coa previsión de inicialas en febreiro, abre hoxe a inscrición
Valdoviño, 27 de xaneiro de 2022. O Concello de Valdoviño incorpora á súa programación de actividades deportivas as clases de ximnasia en Vilarrube. Será a partir da próxima semana, e hoxe anuncia a apertura do prazo de inscrición. A actividade celebrarase os mércores de 20:15 a 21:15 h e os xoves de 19:30 a 20:30 h no local social da parroquia. O custe é de 8,86 euros mensuais.
Así, as persoas interesadas en tomar parte poden apuntarse na Concellería de Deportes (primeira planta da casa consistorial) de luns a venres de 9 a 13 h; no teléfono 626 46 55 31 ou no correo deportes@concellodevaldovino.com.
As clases de ximnasia súmanse ás que dende o mes de outubro se celebran en Valdoviño e Meirás.
Comentarios