O Concello incorpora a tecnoloxía LED a 87 puntos do alumeado público nos lugares da Pedreira, en Pantín, e na Braxe, en Vilaboa
Investiu 11.500 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental
Valdoviño, 14 de outubro do 2025. O Concello de Valdoviño vén de renovar 87 lámpadas do alumeado público incorporando tecnoloxía LED no lugar da Pedreira, en Pantín, e na Braxe, en Vilaboa. Con maior rendemento enerxético e lumínico, permitirán tamén unha diminución da potencia contratada, reducindo o consumo, o impacto ambiental e a factura por este concepto. En concreto, as intervencións permitiron a substitución de 61 lámpadas na parroquia de Vilaboa e outras 26 na de Pantín.
O Concello investiu algo máis de 11.500 euros nos traballos, que financia con cargo á liña de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta.
Comentarios
