O Concello incorpora á súa programación cultural sesións de autocine gratuíto

O Concello de Valdoviño convida á cidadanía a desfrutar do mellor cine dende o seu turismo. Convertirá o aparcadoiro situado fronte ao Chalet de Joselito, na Porta do Sol, nunha gran sala de proxección para ofrecer o pase dos filmes «Uno más de la familia» e «María Solinha». Será o domingo 16 e o luns 17 a partir das 22,30 horas respectivamente.

As invitacións, unha por vehículo, poderán retirarse a partir deste luns, 10 de agosto, na Oficina Municipal de Turismo de 11 a 17 horas ata o mércores (incluído) e de 11 a 14 horas o xoves.

Permitirase a entrada de turismos a partir das 21 horas e a capacidade máxima do espazo é de 100 vehículos. «Uno más de la familia» está dirixida a un público familiar, namentras que «María Solinha», a persoas adultas.