O Concello incorpora 3 auxiliares de Policía

Financiará os contratos por espazo de 4 meses
Valdoviño, 19 de maio do 2023. O Concello de Valdoviño vén de incorporar á plantilla municipal 3 auxiliares de Policía Local, aumentando así de 5 a 8 o número de axentes. Na práctica, a incorporación do novo persoal permitirá cubrir o servizo de luns a domingo, tanto nas quendas de mañá como de tarde.
A contratación sufrágase con cargo a fondos municipais e ao Fondo de Compensación Ambiental, e ten carácter temporal. Aínda que o Concello tiña solicitado á Xunta autorización para formalizar contratos por espazo de 6 meses, finalmente ese periodo foi limitado pola Administración autonómica a 4 meses. En todo caso, será coincidente co periodo estival, cando o municipio recibe un significativo número de visitantes.
Entre as súas funcións, está a custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións municipais, así como auxilio e colaboración cos funcionarios do Corpo da Policía Local e demais Forzas e Corpos de Seguridade.