O Concello impón unha multa de 20.000 euros á empresa Eulogio Viñal por incumplir os prazos das obras do centro de saúde
Inicia tamén expedientes polos incumplimentos da primeira fase do Complexo Deportivo de Atios e os vestiarios do campo de Mourente
Valdoviño, 4 de novembro do 2022. O Concello de Valdoviño acordou en Xunta de Goberno Local impoñer unha multa de 19.377,12 euros á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones por incumplir os prazos de execución das obras de mellora do centro de saúde. De feito, nin sequera se chegaron a iniciar. Non é a única actuación paralizada en Valdoviño polos incumplimentos da citada compañía, xa que en situación similar está a primeira fase do Complexo Deportivo de Atios e os novos vestiarios do campo de fútbol de Mourente. Seguen o mesmo camiño, e o Concello está tramitando tamén os expedientes sancionadores.
As obras do centro de saúde foron adxudicadas a Eulogio Viñal o 9 de outubro de 2021 no concurso público aberto polo Concello. Un mes despois firmábase a acta de replanteo, o 12 de novembro de 2021, que marca o inicio de obra. O prazo de execución era de dous meses e medio, pero chegados ao límite, o 29 de xaneiro de 2022, o único movemento dado foi a instalación dunha caseta metálica de obra. O 7 de febreiro a empresa solicita a ampliación de prazo de 4 meses, e tres días despois, a Xunta de Goberno Local aproba esa ampliación. O 31 de maio cúrsase visita técnica e elabórase informe, onde se constata que a situación segue a ser a mesma. O Concello inicia entón o expediente que remataba onte coa imposición da citada multa.