O Concello habilita un whatsapp para solicitar o servizo gratuíto de recollida de enseres

Veciños e veciñas deberán indicar nome e apelidos, enderezo e residuos a depositar, e recibirán resposta coa data exacta da retirada

Valdoviño, 27 de xaneiro do 2023. O Concello de Valdoviño pon en servizo o número de teléfono 606 789 882 para comunicar, vía whatsapp, a petición de retirada de enseres. A iniciativa inclúese no novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos e súmase ao teléfono 981 38 23 10. Deste xeito, os veciños e veciñas poderán continuar chamando a este número ou simplemente enviar un whatsapp sinalando nome e apelidos, enderezo e enseres a retirar. A empresa encargada do servizo confirmará entón a data exacta para o depósito, a realizar xunto ao colector máis cercano á vivenda. 

Trátase dun servizo con custe cero para a veciñanza co que facilitar a recollida de residuos voluminosos como mobles, pequenos electrodomésticos, restos de podas en bolsa… e evitar así a proliferación de vertedoiros incontrolados no termo municipal.