O Concello formaliza o convenio de colaboración con Protección Civil

A Administración local apoia a actividade da agrupación de voluntarios cunha achega de 10.000 euros, destinada principalmente a sufragar gastos de seguros, coberturas médicas, equipos ou instalacións

 Valdoviño, 11 de decembro de 2023. O Concello de Valdoviño respalda a actividade diaria da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil mediante unha axuda de 10.000 euros neste 2023. O alcalde, Alberto González, e o responsable da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, Francisco Dopico, asinaban o correspondente acordo de colaboración referente ao presente ano. Unha partida coa que cada exercicio a Administración local contribúe a financiar os gastos de seguros, coberturas médicas, mantenemento de equipos ou instalacións. 

Unha labor clave, que o alcalde agradeceu e quixo poñer en valor en nome dos veciños e veciñas de Valdoviño.