O Concello financiará cunha achega de Agader as obras de acondicionamento dos camiños da Lagoa, Lanzós e do Coval

A Administración local investirá preto de 44.000 euros

O Concello de Valdoviño vén de recibir unha subvención por valor cercano aos 44.000 euros para financiar o acondicionamento e mellora do camiño da Lagoa, de Lanzós, e do Coval. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -Agader- daba o visto bo aos proxectos presentados pola Administración local, e aprobaba unha achega cercana aos 44.000 euros. Será con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2021-2022.

Deste xeito, as actuacións executaranse en 2 fases, debendo xustificarse a primeira no prazo máximo de setembro deste ano, e a segunda, en xuño de 2022. Agora, o Concello inicia o procedemento administrativo para sacar as obras a licitación.