O Concello estende a iluminación LED á AC-566 entre o cruce de Aviño e San Bartolo

O alcalde, Alberto González, avanza un investimento de 12.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de iniciar os traballos de renovación das lámpadas do alumeado público na AC-566 entre o cruce de Aviño e o de San Bartolo. Un tramo no que se substituirán 90 lámpadas incorporando a tecnoloxía LED. Será cun investimento de 12.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

Con isto, búscase un triple obxectivo: mellorar a calidade lumínica do alumeado, mellorar a seguridade vial, e reducir o consumo eléctrico rebaixando a factura por este concepto.

A intervención enmárcase no plan de eficiencia enerxética do Concello, polo que nos últimos anos tense completado a renovación por LEDs na AC116 -entre a rotonda de Robles e o límite con Narón-; nos núcleos de Viansil, de Lavacerido, de Taraza, na contorna da praia e lagoa da Frouxeira, na Travesía de Atios, na Porta do Sol, nos entornos do CPI Atios, Centro de Saúde e Casa da Cultura, en puntos das parroquias de Loira, Pantín e Vilarrube, no Carballal e na Avenida Areeiros, así como na contorna das vivendas de Mourente.