O Concello emite un bando coa reordenación do tráfico na contorna da praia de Pantín para mellorar a mobilidade durante o campionato de surf
As medidas entrarán en vigor este xoves, ata o domingo, coincidindo coas xornadas centrais do Abanca Pantín Classic Galicia Pro
Valdoviño, 26 de agosto do 2026. O alcalde de Valdoviño, Alberto González, vén de dictar un bando no que se recollen unha serie de medidas para mellorar a mobilidade e evitar colapsos circulatorios na contorna da praia de Pantín a raíz da afluencia de visitantes ao Abanca Pantin Classic Galicia Pro durante as xornadas centrais da competición. As medidas entrarán en vigor este xoves, 27 de agosto, hasta o domingo 30.
O novo mapa viario establece a dirección única:
-Sentido O Ariño entre a igrexa de Pantín e O Ariño
-Sentido Beceiros entre O Ariño e Beceiros
-Sentido O Rodo entre O Ariño e O Rodo
-Sentido As Traves entre As Traves e O Freixo
-Sentido Cotellón entre O Cotellón e O Freixo.
Así mesmo, o acceso dende Marnela de Arriba ata o lugar de O Rodo será de doble dirección ata o cruce coa estrada da costa e, a partir de aquí, quedará prohibido o acceso ata a zona de Ariño.
Doutra banda, queda prohibida a circulación, durante os días do campionato, polas vías sinaladas anteriormente e en horario de 10 a 22 h de vehículos cuxa lonxitude máxima autorizada exceda os sete metros.
O bando pode consultarse na páxina web municipal, neste ENLACE
