O Concello destinará o POS+Adicional Social a cubrir gastos dos programas de atención ás persoas máis vulnerables e a axuda no fogar
Os fondos provinciais permitirán tamén continuar ampliando o catálogo de axudas técnicas en alugueiro para persoas dependentes
Valdoviño, 3 de xaneiro do 2025. A corporación municipal daba luz verde en pleno á proposta do executivo local que dirixe Alberto González sobre o destino dos fondos que o Concello de Valdoviño recibirá da Deputación da Coruña ao abeiro do POS+ Adicional Social. Eses fondos extra elévanse a 70.078,10 euros, e a maior parte, ata 51.260 euros, destinaranse a programas dirixidos ás persoas máis vulnerables e centrados na formación para mellorar a súa empregabilidade e tamén na atención psicolóxica, cubrindo necesidades detectadas no departamento de Servizos Sociais.
Ademais, outros 16.818,10 euros reservaranse para o servizo de axuda no fogar. Máis concretamente, permitirán aliviar o gasto que realiza o Concello de Valdoviño neste capítulo, superior aos 250.000 euros, e co obxecto de garantizar un servizo que é de competencia autonómica, e que no caso da localidade require dun investimento anual superior aos 830.000 euros.
Por último, o Concello destinará 2.000 euros á adquisición de equipamento técnico asistencial para reemplazar material danado no incendio rexistrado no baixo de Covacano, que serve de almacén municipal, ademais de continuar ampliando as axudas técnicas que ofrece en sistema de alugueiro ás persoas dependentes, tal que camas, cadeiras de rodas ou grúas.