O Concello destaca o papel de Yolanda Hemida como referente do kaiak polo feminino en Galicia
A palista vén de participar coa Selección española desta disciplina no Mundial de Saint-Omer
Valdoviño, 23 de agosto de 2022. O Concello de Valdoviño traslada a súa felicitación á piragüista local Yolanda Hermida pola súa actuación como parte do equipo sénior da Selección española no Mundial de kaiak-polo, que acaba de celebrarse en Saint-Omer (Francia). O combinado pechou a súa participación cun meritorio sétimo posto, tras impoñerse ao equipo danés por tres goles a dous.
O conxunto, que en outubro quedou quinto no campionato europeo, non puido facerse coa ansiada medalla, aínda que a súa actuación mereceu o recoñecemento dos seus rivais. O grupo español, perdeu pola mínima ante as grandes favoritas do Mundial como son as seleccións de Francia e Alemaña.
Dende a Concellería de Deportes poñen en valor o traballo de Hermida, convocada para a absoluta por primeira vez en 2014, e subliñan que demostrou unha vez máis por que está no máis alto do panorama nacional deste deporte. O próximo reto chegará en setembro, onde competirá co Copacabana de Ferrol por acceder ao podio do Campionato de España.
Yolanda Hermida e o seu irmán, o tamén palista Adrián, recibiron en 2017 a homenaxe dos seus veciños de Valdoviño nun acto organizado pola Concello.