O Concello de Valdoviño saca a contratación o acondicionamento de 18 camiños cun investimento cercano aos 200.000 euros
Captarán o grosso dos investimentos do POS+2024
Valdoviño, 16 de xullo do 2024. O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación as obras de acondicionamento de 18 camiños nas parroquias de Valdoviño, Lago, Meirás, Sequeiro e Vilarrube correspondentes ao POS+ 2024. Nelas, investiranse 188.239.76 euros, e as empresas interesadas en presentar a súa oferta teñen de prazo ata o 24 deste mes. Os pregos poden consultarse a través da plataforma de contratación do sector público.
A intervención, que capta o grosso dos fondos dos plans provinciais para este ano, permitirá actuar ao longo de 8.200 metros lineais de vías e camiños das parroquias sinaladas. Son estes: en Valdoviño: Travesía da Ponte, Rúa Poeta Xerardo O Inglés, Tramo pendente Rúa Boeiro (ata a Travesía da Praia), Rúa Xunqueira (dende a AC566 ata a Rúa Boeiro), Rúa Atios, Tramo inicial Rúa Pintor José Leyra Domínguez, Rúa Illa Lapela, Avenida Couce Casas -entre O Pereiro e a Ladeira ata o cruce coa AC566-, Travesía do Poulo, Travesía da Carreira; en Lago: Broño, Carreira e Soutovello; en Meirás: Taraza, Padín e Campón; en Sequeiro: Vial da igrexa de Sequeiro (dende o establecemento Mamá Piana ata a igrexa), e en Vilarrube: Porto do Cabo (vial en zona de Porto de Arriba).