O Concello de Valdoviño renova a iluminación do patio cuberto do CPI Atios

A intervención realízase a petición do centro

O Concello de Valdoviño contrataba nos últimos días as obras de renovación da iluminación do patio cuberto do CPI Atios, anexo ao pavillón. A intervención realizouse a petición do centro educativo, e contemplou a substitución das vellas lámpadas por proxectores LED. Deste xeito, téntase dar resposta á deficiente iluminación neste espazo.